Anaerobio facultativo
Un organismo anaerobio facultativo é un ser vivo que produce ATP por medio da respiración aerobia se no medio está presente o oxíxeno, pero pode cambiar a un metabolismo fermentativo se o oxíxeno está ausente. Por tanto, son organismos cun metabolismo moi versátil, que poden vivir tanto utilizando o oxíxeno coma sen oxíxeno.
Algúns exemplos de bacterias anaerobias facultativas son as bacterias Staphylococcus spp.,[1] Escherichia coli, Salmonella spp., Listeria spp.,[2] Shewanella oneidensis e Yersinia pestis. Certos eucariotas son tamén anaerobios facultativos, como algúns fungos como Saccharomyces cerevisiae[3] e moitos invertebrados acuáticos como algúns poliquetos nereidos.[4]
Tanto os organismos anaerobios facultativos coma os aerotolerantes poden realizar fermentacións en ausencia de oxíxeno, pero os aerobios facultativos cambian a un metabolismo aerobio cando o oxíxeno está presente (un fenómeno coñecido como efecto Pasteur). O efecto Pasteur utilízase por veces no laboratorio para distinguir entre anaerobios facultativos e aerotolerantes.
Notas
editar- ↑ Ryan KJ; Ray CG, eds. (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. pp. 261–271, 273–296. ISBN 0-8385-8529-9.
- ↑ Singleton P (1999). Bacteria in Biology, Biotechnology and Medicine (5th ed.). Wiley. pp. 444–454. ISBN 0-471-98880-4.
- ↑ Carlile MJ, Watkinson SC, Gooday GW (2001). The Fungi (2nd ed.). Academic Press. pp. 85–105. ISBN 0-12-738446-4.
- ↑ Schöttler, U. (30 de novembro de 1979). "On the Anaerobic Metabolism of Three Species of Nereis (Annelida)" (PDF). Marine Ecology Progress Series 1: 249–54. ISSN 1616-1599. doi:10.3354/meps001249. Consultado o 14 de febreiro de 2010.
Outros artigos
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bacterias anaerobias facultativas (en inglés)
- Bacterias anaerobias obrigadas (en inglés)
- Bacterias anaeróbicas e aeróbicas na descomposición (estabilización) de materia orgánica. Arquivado 05 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)