Ana Botella
Ana María Botella Serrano, nada en Madrid o 23 de xullo de 1954, coñecida como Ana Botella, é unha política española do Partido Popular, alcaldesa de Madrid entre 2011 e 2015.[1]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ana María Botella Serrano 23 de xullo de 1953 (71 anos) Madrid, España |
Alcaldesa de Madrid | |
27 de decembro de 2011 – 13 de xuño de 2015 ← Manuel Cobo – Manuela Carmena → | |
Concelleiro de Madrid | |
14 de xuño de 2003 – 13 de xuño de 2015 Electa en: 2003 Madrid City Council election (en) , 2007 Madrid City Council election (en) , eleições municipais de 2011 em Madrid (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Dereito |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | funcionaria pública, política |
Partido político | Partido Popular (1989–) Alianza Popular (1978–1989) |
Participou en | |
22 de xaneiro de 2014 | Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 |
Familia | |
Cónxuxe | José María Aznar (1977–) |
Fillos | Ana Aznar |
Parentes | José Botella Llusiá, second uncle Manuel Aznar Acedo, husband's father Alejandro Agag, xenro |
Está casada desde 1977 con José María Aznar, presidente do Goberno de España durante as lexislaturas VI e VII, a quen coñeceu durante a súa viaxe de fin de carreira e con quen ten tres fillos: José María, Ana e Alonso Aznar Botella.
É a maior de trece irmáns, filla de Ernesto Botella Pradillo (1918-2011) e Ana María Serrano Sancho-Álvarez.[2]
Traxectoria
editarFormación
editarCursou os seus estudos de primaria e secundaria nun colexio relixioso das Nais Irlandesas. Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid.[3]
Funcionaria da Administración
editarAprobou as oposicións para o Corpo de Técnicos de Información e Turismo e desde entón traballou para a Administración Pública (no Ministerio do Interior, o Goberno Civil de Logroño, o Ministerio de Obras Públicas, a Delegación de Facenda de Valladolid e o Ministerio de Facenda).[4]
Carreira política
editarEn 2003 foi elixida concelleira do Concello de Madrid, e nomeada segunda tenente de alcalde, ocupándose da Concellaría de Goberno de Emprego e Servizos á Cidadanía ata 2007.
Desde 2004 forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Madrid. Foi secretaria executiva de Acción Social ata 2008, e desde entón secretaria executiva de Acción Sectorial. É membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular desde 2008.
Nas eleccións de 2007 foi a número dous na lista do Partido Popular novamente para o Concello de Madrid e ocupou a Concellaría de Medio Ambiente.
En xuño de 2011 foi ratificada como segunda tenente de alcalde e titular da área de Goberno de Medio Ambiente e Mobilidade.[5]
O alcalde Alberto Ruiz-Gallardón deixou a alcaldía de Madrid o 22 de decembro de 2011 posto que fora designado un día antes como ministro de Xustiza polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Asumiu o cargo de alcalde como interino durante cinco días o vicealcalde Manuel Cobo e o 27 de decembro do mesmo ano o pleno do Concello escolleu (con 31 votos de 55) a Ana Botella como primeira alcaldesa de Madrid.[6]
Na presentación final da Candidatura de Madrid 2020 en Buenos Aires, en setembro de 2013, participou na delegación española, e utilizou nas súas comunicacións con xornalistas un limitado coñecemento de inglés.[7]
O 9 de setembro de 2014 anunciou a súa intención de non concorrer ás urnas nas eleccións municipais de 2015[8], tralas cales abandonou a alcaldía.
Notas
editar- ↑ Ana Botella convértese na primeira alcaldesa de Madrid RTVE.es
- ↑ "Ana Botella, de luto por el fallecimiento de su padre". madrid2noticias.com. 10/11/2011. Arquivado dende o orixinal o 11/11/2011. Consultado o 08/11/2012.
- ↑ "Biografía de Ana Botella". Hola.
- ↑ Concello de Madrid. "Dña. Ana Mª Botella Serrano". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2011.
- ↑ Concello de Madrid. "Nomeamento dos membros da Xunta de Goberno da Cidade de Madrid, aos Tenentes de Alcalde, aos titulares das Áreas de Goberno e das Áreas de Coordinación e aos Concelleiros Presidentes dos Distritos.". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 08 de novembro de 2012.
- ↑ Botella promete gobernar para todos pero "en primeiro lugar" para os desfavorecidos El País (27-12-2011)
- ↑ LaVanguardia.com, ed. (7 de setembro de 2013). "O inglés de Ana Botella acende as redes sociais".
- ↑ El País, ed. (9 de setembro de 2014). "Ana Botella renuncia a presentarse ás eleccións municipais de 2015".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Botella |
Predecesor: Alberto Ruiz-Gallardón |
Alcaldesa de Madrid 2011 - 2015 |
Sucesor: Manuela Carmena |