Agalmatofilia
A agalmatofilia, tamén chamada galateísmo, pigmalionismo, estatuofilia, monumentofilia ou petrifilia, é unha parafilia que consiste na consecución da excitación sexual por medio de estatuas, bonecas ou manequíns.[1]
Características
editarHistoria
editarOs nomes de pigmalionismo e galateísmo proveñen da lenda que falaba do amor entre o escultor Pigmalión e a súa estatua de Galatea, referido por Ovidio nas súas Metamorfoses: a estatua de marfil foi convertida en carne por Afrodita cando viu que o escultor se namorara da súa obra. Casos similares atópanse na historia, varios deles referidos a estatuas esculpidas por Praxiteles (a Venus de Cnido, o Cupido de Pario, o Eros de Tespias e outros), pero tamén noutros lugares e épocas posteriores.[2]
Notas
editar- ↑ BARRIOS MARTÍNEZ, D. (2006). En las alas del placer: Como aumentar nuestro goce sexual (en castelán). Pax México. ISBN 968-860-751-7.
- ↑ GONZÁLEZ GARCÍA, J.L. (16/05/2006). Universidad Complutense, ed. "Por amor al arte. Notas sobre la agalmatofilia y la Imitatio Creatoris, de Platón a Winckelmann" (PDF). Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 30/03/2010. Consultado o 17/09/2010. (en castelán)