Aconcagua
O Aconcagua é o pico máis alto do cordal dos Andes e, xa que logo, de América do Sur, de toda América e o pico máis alto fóra de Asia, cunha altitude de 6.960,8 metros.[1] Está situado na provincia arxentina de Mendoza. Ó norte e ó leste limita co Val das Vacas e ó sur e ó oeste co Val dos Horcones inferior. Conta con diversos glaciares. Os máis importantes son o glaciar nororiental ou polaco e o do leste ou inglés. Atópase dentro do Parque provincial Aconcagua, e é unha montaña moi frecuentada por andinistas de todo o mundo. O primeiro ascenso foi realizado por Mathias Zurbriggen o 14 de xaneiro de 1897. Estudos xeolóxicos sitúan a elevación do Aconcagua na idade Permotriásica, uns 200 a 280 millóns de anos atrás. A montaña foi creada pola subdución da placa de Nazca baixo a placa Suramericana durante a xeoloxicamente recente oroxenia andina. A orixe do seu nome non está clara, discútese se ven do Arauca Aconca-Hue ou do Quechua Ackon Cahuak (cuxo significado é Sentinela de Pedra)
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Sete Cumios | |||
Localizado na área protexida | Parque Provincial Aconcágua (pt) | |||
Localización | ||||
Continente | América do Sur | |||
División administrativa | Las Heras (departamento), Arxentina (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Principal Cordillera (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 6.961 m | |||
Prominencia topográfica | 6.961 m | |||
Illamento topográfico | 16.533,4 km | |||
Material usado | rocha sedimentaria | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Mioceno | |||
Rutas
editarEn termos montañeiros, o Aconcagua é tecnicamente sinxelo dende a cara norte, a Rota Normal na que non é necesario o uso de técnicas de escalada aínda que os efectos da altitude son severos (a presión atmosférica é o 40% da existente a nivel do mar). Non se require o uso de osíxeno adicional. Aínda que normalmente, a Rota Normal ascéndese a través de tres campamentos cos seus correspondentes días de descanso. Seguindo a orde crecente de dificultade, a segunda rota máis común é a do Glaciar dos Polacos. Esta aproxímase á montaña a través do Val das Vacas, ascende ata a base do glaciar dos Polacos, cruza a rota normal ata a suba final ó cume.
As rotas dende as cristas situadas ó sur e suroeste son as máis duras, considerando a Parede Sur coma a máis esixente.
A primeira ascensión da que se teñen novas foi realizada en 1897 por unha expedición liderada polo británico Briton Edward Fitzgerald. O cume foi alcanzada polo suízo Mathias Zurbriggen o 14 de xaneiro e por outros dous membros da expedición uns sías despois.
O primeiro arxentino en chegar ó cume foi Nicolás Plantamura, pertencente ó exército rxentino, o 8 de marzo de 1934; a primeira muller foi a francesa Adriana Bance, o 7 de marzo de 1940, quen ascendeu acompañada por membros do club andinista de Mendoza. Actualmente antes de subir ó cume é mester adquirir un permiso na autoridade provincial do parque de Aconcagua en Mendoza. Os prezos varían segundo a estación.
Notas
editar- ↑ ""Informe científico que estudia el Aconcagua: el Coloso de América mide 6.960,8 metros"". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2012.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aconcagua |