A Ponte, Mañufe, Gondomar
O barrio ou lugar da Ponte está situado na parroquia de Mañufe, Gondomar, comarca do Val Miñor. O seu nome vén dado pola ponte románica[1] que une este lugar coa Texosa. Atópase a 1 km da vila de Gondomar e a 45 metros sobre o nivel do mar[2]. Segundo o INE en 2019 tiña 34 persoas empadroadas (20 homes e 14 mulleres).
A Ponte | |
---|---|
Núcleo urbano da Ponte | |
Parroquia | Mañufe |
Concello | Gondomar |
Coordenadas | 42°06′36″N 8°46′25″O / 42.109972222222, -8.7735833333333 |
Poboación | 34 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarO territorio ten como límite norte o río Miñor, ao leste O Campo das Bestas, ao oeste O Verdeal e ao sur A Moreira. A meirande parte das terras de cultivo están espalladas na ribeira sur do Miñor atravesadas polo Camiño das Ribeiras ao leste e O Camiño do Lameiro até o cruzamento co Camiño do Verdal cara ao oeste.
A maior parte destas leiras están ocupadas por cultivos familiares de viñas, millo, patacas e pequenas hortas. O lugar ten un total de 24 vivendas construídas[3].
Patrimonio
editarPonte de Mañufe
- Artigo principal: Ponte de Mañufe.
A ponte de Mañufe, que cruza o Miñor, é de orixe románica. Ten colocada unha inscrición co ano 1140 nun dos seus perpiaños[4].[5]. Está en discusión se a actual ponte se atopa no lugar doutra máis antiga de orixe romana.[6][1]
Trala recollida de toponimia levada adiante polo historiador Anxo Rodríguez Lemos, tamén foron recuperadas as localizacións doutras pequenas pezas patrimoniais, como un pequeno xogo de birlos no que hoxe é o aparcadoiro dun centro hostaleiro[7].
Ademais, recuperouse e foron obxecto de xeolocalización, un conxunto de casas tradicionais de valor etnográfico, entre elas A Casa Soleiro, A Casa da Moucha e A Casa do Xulián.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo Patrimonio Cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñorano. p. 94. ISBN 978-84-09-06595-0.
- ↑ "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 20-20-2020.
- ↑ "Lugar Ponte Mañufe". O Idealista. Consultado o 20-05-20.
- ↑ Alvarado Blanco, S.; Durán Fuentes, M.; Nárdiz Ortiz, C. (1991). Pontes históricas de Galicia. A Coruña: Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
- ↑ Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo Patrimonio Cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 94. ISBN 978-84-09-06595-0.
- ↑ Ferreira Priegue, E.. "Los caminos medievales de Galicia". Boletín Auriense (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense) (9).
- ↑ 7,0 7,1 "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 17-09-2018. Consultado o 20-05-2020.
Lugares e parroquias
editarLugares de Mañufe
editarLugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
---|---|
O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal |