O AD Flying Boat foi un avión deseñado polo Departamento de Aire do Almirantado Británico para servir como avión de patrulla que puidese operar en conxunto cos buques de guerra da Royal Navy. Destinado para o seu uso durante a primeira guerra mundial, a produción do avión rematou ao final do conflito, vendo moi pouco uso operacional. Varios foron remercados tras a guerra por Supermarine Aviation e reconstruídos como transportes civís, converténdose no Supermarine Channel.

AD Flying Boat
Tipohidroavión de patrulla/transporte civil
FabricantePemberton-Billing Ltd. (posteriormente Supermarine)
Deseñado porLinton Hope
Primeiro voo1916
Principais usuariosRoyal Navy
Unidades construídas27

Deseño e desenvolvemento

editar

Deseñado en 1915 polo deseñador de iates británico Linton Hope,[1] o avión tiña unha configuración de hidroavión biplano convencional, e tamén contaba cunha cola biplana con dous temóns. O piloto e o observador sentábanse en tandem no morro, co motor e a hélice "pusher" detrás deles, entre as ás. As ás podían plegarse cara a adiante para facilitar a estiba a bordo.

Pemberton-Billing Ltd (posteriormente Supermarine Aviation Works) fabricou dous prototipos en 1916.[1] O primeiro deles debería ter levado un motor de 150 hp (112 kW) Sunbeam Nubian, pero, como non estaba listo para usar, foi substituído por un Hispano-Suiza 8 de 200 cabalos (150 kW).[2] O avión tivo un mal rendemento tanto no auga como no aire, mostrando vibracións graves en proa e popa durante a engalaxe e unha guiñada excesiva durante o voo. Despois de solucionar eses problemas ao producir versións revisadas do casco, da cola e do temón, o AD Flying Boat foi capaz de entrar en produción.[3][4] Pedíronse un total de 80 aparellos e chegaron a construírse 27.[5] Algúns deles probáronse con motores Sunbeam Arab e Wolseley Python.[4]

Supermarine Channel

editar

Tras o Armisticio, Supermarine mercou 19 dos AD Flying Boats para modificalos para o mercado civil como o Supermarine Channel. O Channel I estaba impulsado por un motor de 160 cabalos (120 kW) Beardmore 160 hp, e o Channel II tiña un Armstrong Siddeley Puma de 240 cabalos (180 kW). Os hidroavións reconfigurados tiñan aloxamento para un piloto e tres pasaxeiros en tres cabinas abertas.

Operadores

editar
 
Channel de Det Norske Luftfartsrederi

Operadores militares

editar
  Chile
  Xapón
  Noruega
  Suecia
  Reino Unido

Operadores civís

editar
  Noruega

Especificacións (AD Flying Boat)

editar

Datos de British Aeroplanes 1914-18[9]

Características xerais

editar
  • Tripulación: dous, piloto e observador
  • Lonxitude: 9.32 m
  • Envergadura superior: 15,34 m
  • Envergadura inferior: 11,462 m
  • Altura: 3,99 m
  • Superficie alar: 44,5 m2
  • Peso baleiro: 1 138 kg
  • Peso bruto: 1 618 kg
  • Planta de potencia: 1 motor V8 refrixerado por auga Hispano-Suiza 8 de 200 hp (150 kW)

Rendemento

editar
  • Velocidade máxima: 160 km/h a 610 m
  • Autonomía: 412 hr
  • Teito de servizo: 3 400 m
  • Tempo a altitude: 30 min to 10,000 ft (3,050 m)

Armamento

editar
  • Armas: 1 metralladora Lewis de 7,7 mm nun soporte flexible para o observador
  • Bombas: pequena carga de bombas
  1. 1,0 1,1 Bruce 1957, p.3
  2. Bruce 1957, p.4
  3. Andrews e Morgan 1987, p.23
  4. 4,0 4,1 London 2003, p. 20-23
  5. Andrews e Morgan 1987, p. 355
  6. 6,0 6,1 6,2 Andrews e Morgan 1987, p.40.
  7. Andrews e Morgan 1987, pp.35-36.
  8. Nerdrum 1986, p.30.
  9. Bruce 1957, pp.5-7

Bibliografía

editar