3 de xullo
data
<< | Xullo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 3 de xullo é o 184º día do ano do calendario gregoriano e o 185º nos anos bisestos. Quedan 181 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1428 - Asínase na cidade holandesa de Delft o Tratado de Delft, entre Jacqueline de Babiera e Filipe o Bo.
- 1608 - Fundación da cidade de Quebec, no Canadá.
- 1767 - A Illa de Pitcairn é descuberta polo oficial inglés Robert Pitcairn.
- 1778 - Prusia decláralle a guerra a Austria.
- 1890 - Idaho tórnase o 43º estado dos Estados Unidos.
- 1898 - Unha escuadra española é derrotada en augas preto de Santiago de Cuba por unha escuadra norteamericana.
- 1982 - Acórdanse as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega.
Nacementos
editar- 1848 - Antonio Rodríguez del Busto, escritor e xornalista galego (m. 1928).
- 1883 - Franz Kafka, escritor checo (m. 1924).
- 1885 - Avelino Barrio López, médico galego (m. 1959).
- 1887 - Hendrika Johanna van Leeuwen, física (m. 1974)
- 1888 - Ramón Gómez de la Serna, escritor español (m. 1983).
- 1924 - Sellapan Rama Nathan, presidente de Singapur.
- 1927 - Ken Russell, director de cines inglés (m. 2011).
- 1933 - Carme Barbará, creadora de banda deseñada española
- 1937 - Tom Stoppard, dramaturgo británico.
- 1946 - Carlos Barros, historiador galego.
- 1951 - Jean-Claude Duvalier, ditador do Haití.
- 1952 - Laura Branigan, cantante estadounidense (m. 2004).
- 1961 - Xosé Ricardo Losada Vicente, escritor galego.
- 1962 - Tom Cruise, actor estadounidense.
- 1971 - Éric Toledano, director de cine e actor francés.
- 1971 - Julian Assange, xornalista e activista de Internet australiano.
Mortes
editar- 1672 - Francis Willughby, ornitólogo e ictiólogo inglés (n. 1635).
- 1749 - William Jones, matemático inglés (n. 1675).
- 1904 - Theodor Herzl, fundador do sionismo (n. 1860).
- 1933 - Hipólito Yrigoyen, presidente da Arxentina (n. 1852).
- 1935 - André Citroën, pioneiro francés do automóbil (n. 1878).
- 1956 - Ramón Beade Méndez, político galego (n. 1900).
- 1964 - Arturo Souto, pintor galego (n. 1902).
- 1969 - Brian Jones, músico inglés dos Rolling Stones (n. 1942).
- 1969 - Ramón Rey Baltar, médico, escritor e xornalista galego (n. 1882).
- 1969 - Javier Pardo Bedía, óptico, xornalista e escritor galego.
- 1971 - Jim Morrison, músico estadounidense (The Doors) (n. 1943).
- 1998 - Bernhard Häring, teólogo alemán (n. 1912).
- 2000 - John Hejduk, arquitecto estadounidense (n. 1929).
- 2012 - Kristina Berg, escritora sueca en lingua galega (n. 1948).
- 2018 - Miguel Cortizo, biólogo e político galego (n. 1951).
Festas e celebracións
editar- Día Internacional libre de Bolsas de Plástico [1]
- Día da Independencia, en Belarús.
Outros
editar- Santoral: San Tomé, San León II.
Notas
editar- ↑ "Hoy, Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico ¡y siempre!" (en castelán). Consultado o 19.12.2022.