1526
ano
1526 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1526 MDXXVI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2279 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 975 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4222 – 4223 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5286 – 5287 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1581 – 1582 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1448 – 1449 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4627 – 4628 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 904 – 905 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 932 – 933 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1776 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarAmérica
editar- 17 de novembro - Orde do emperador Carlos V que autoriza a todos os naturais dos seus reinos para se trasladaren, comerciaren e estabelecérense en América (sería revogada en 1538).
Asia
editar- 21 de abril - Primeira batalla de Panipat: Babur vence o sultán Ibrahim Lodhi, tórnase Moghul (ou Mughal), emperador da India, tomando Delhi, e invadindo a India setentrional. Iníciase así o período do Imperio Moghul, que se estenderá até 1857.
Europa
editar- 14 de xaneiro - Tratado de Madrid: acordo entre Francisco I de Francia e Carlos V. Francisco cede Borgoña a Carlos, e renuncia as súas reclamacións sobre Flandres, o Artois, Nápoles e mais Milán.
- 22 de maio - Francisco I de Francia rompe o Tratado de Madrid e forma a Liga de Cognac contra Carlos V, incluíndose nela o Papado, Milán, Venecia e mais Florencia.
- 24 de xullo - As tropas imperiais de Carlos V toman Milán.
- 29 de agosto - Batalla de Mohacs: Hungría é conquistada polo Imperio Otomán, perdendo a súa independencia ata 1918.
- Alonso III de Fonseca crea, en Santiago de Compostela, os colexios de San Xerome e de Santiago Alfeo.
- Carlos I de España expide orde para os mouriscos da Coroa de Aragón, na que os pon na alternativa de converterse ao catolicismo ou seren expulsados (orde equivalente á de 1502 para os mudéxares da Coroa de Castela).
Oceanía
editar- O hispano Alonso de Salazar descobre as illas Carolinas.
Nacementos
editar- 11 de maio - Juan Gil de Hontañón, arquitecto español.
- 15 de outubro - María Manuela de Portugal, princesa de Asturias, esposa de Filipe II de España.
- 12 de decembro - Álvaro de Bazán, almirante español.
Mortes
editar- Francisco Hernández de Córdoba, conquistador, fundador das cidades de Granada e León en Nicaragua.
- 4 de agosto - Juan Sebastián Elcano, mariñeiro e explorador vasco que participou na primeira expedición que deu a volta á Terra, como capitán desde a morte de Magalhães en 1521.
Outros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1526 |
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |