Áurea Rodríguez

gaiteira galega

María Áurea Rodríguez Rodríguez, nada o 16 de novembro de 1897 en Muntián (Cartelle), foi unha gaiteira galega, a primeira documentada da historia.

Modelo:BiografíaÁurea Rodríguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Muntián, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteira Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi a maior dos seis fillos do matrimonio José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez. Comezou a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez anos. Logo do falecemento dos seus pais formou xunto cos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo, o grupo Os Maravillas (en referencia á parroquia de onde son orixinarios, As Marabillas). O grupo tivo un enorme éxito en toda a xeografía galega durante os anos vinte. En 1929 as xiras do grupo traspasan as fronteiras de Galicia, realizan actuacións en Madrid, que coroan a Aurea como "La reina de la gaita Gallega", e pola Arxentina no mes de novembro.[1] Na década dos trinta desfaise o grupo. Castor, Benigno e Aurea crean un novo grupo, Os Menores, e emigran a Arxentina. A última nova sobre Áurea é dunha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar