Tanna ou Tana é unha illa de Vanuatu. Ten 40 km de lonxitude e 19 km de ancho, cunha superficie total de 550 km². É a illa máis poboada da provincia de Tafea, cunha poboación de preto de 30.000 habitantes e a illa máis poboada da provincia de Tafea, e nunha das illas máis poboadas do país.

Modelo:Xeografía físicaTanna
(en) Tanna Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deNew Hebrides (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaVanuatu Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTafea, Vanuatu Editar o valor en Wikidata
Mapa
 19°30′S 169°20′L / -19.5, 169.33
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude389 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións19 (ancho) × 40 (lonxitude) km
Punto máis altoMount Tukosmera (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.084 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie555 km² Editar o valor en Wikidata

Isangel, a capital administrativa da provincia, atópase na costa occidental, cerca da cidade máis grande da illa, Lénakel. O monte Yasur é o volcán activo máis accesible do mundo, e localízase na costa sueste. A súa altura máxima é o monte Tukosmera, no sur da illa de 1084 m.

Tanna é a base da seita de cargamento John Frum (un grupo relixioso cuxa crenza central é que os cargamentos de bens propiedade dos occidentais fóronlles enviados polos seus antepasados e deberían pertencerlles).

Cultura e economía

editar

A illa Tanna está poboada completamente por melanesios, que seguen un tipo de vida máis tradicional que os de moitas outras illas. Algunhas das aldeas coñécense como kastom (do inglés custom, costume), onde están prohibidos os inventos modernos, os homes usan kotekas (vainas para o pene, chamadas nambas en idioma bislama) e camisas de céspede, e os nenos non van á escola.

 
Localización de Tanna

Segundo o antropólogo Joël Bonnemaison, autor de "The Tree and the Canoe: history and ethnography of Tanna", a súa resistencia ao cambio débese á súa visión do mundo tradicional e a forma en que perciben, interiorizan, e dan conta dos conceptos duais de espazo e tempo."[1]

A illa é o centro do movemento relixioso John Frum, que atrae turismo interesado polo culto de cargo. A primeira onda do movemento John Frum era un medio de escapar do que se coñece como a Lei de Tanna, imposta pola misión presbiteriana en Lenakel desde principios do século XX ata a segunda guerra mundial. Moitos insulares de Tanna foron trasladados das súas aldeas tradicionais ás aldeas das misións na costa, só para ser obxecto de prácticas da igrexa altamente represivas deseñadas para cambiar as súas normas culturais de vida. A primeira aparición de John foi unha noite como un espírito nun lugar chamado Green Point e dixo a xente que tiña que volver á súa forma de vida tradicional (custom). Desde ese momento ata a actualidade o "custom" de Tanna viuse como unha alternativa á modernidade alentada por moitas denominacións misioneiras. Yaohnanen é o centro do movemento Prince Philip, que venera ao Príncipe Filipe o duque de Edimburgo príncipe consorte do Reino Unido. John Gibson Paton, o famoso misioneiro protestante serviu aquí desde 1858. A súa esposa e o seu fillo pequeno morreron de malaria ao comezo da súa misión e desenvolveu tendencias paranoicas [Cómpre referencia], unha das cales era levar unha arma descargada. Foi expulsado da illa na década de 1860 e organizou un bombardeo naval [Cómpre referencia] na zona de Port Resolution neste momento. Como resultado, el foi destinado á veciña illa polinesia de Aniwa.

Hai tres linguas principais que se falan en Tanna: a lingua meridional de Kwamera, a lingua do suroeste xunto ás pistas de Tokosmera, dos cales hai moitos dialectos falados por grupos moi pequenos, constitúen dous dos idiomas. A maioría restante dos insulares de Tanna falan catro dialectos, a Norte no noroeste, o Lenakel na zona centro-oeste, preto de Lenakel, e dialecto da selva central no centro de meseta da illa, que está moi preto da Whitesands Lenakel no nordeste preto de Whitesands. En xeral agrúpanse na familia das Lingua Tanna, que é un subgrupo da Lingua de Vanuatu sur, unha rama das Linguas austronesias. Segundo Ethnologue, cada un deles é falado por uns poucos miles, o Lenakel, con 8.000 falantes, é un dos dialectos de Vanuatu con maior número de falantes. Moitas persoas en Tanna tamén falan Bislama, que é un dos tres idiomas oficiais de Vanuatu (xunto co Inglés e o Francés).

A illa é unha das máis fértiles de Vanuatu e produce kava, café, coco, copra, e outras froitas e verduras. Recentemente, o turismo volveuse máis importante, xa que os turistas séntense atraídos polo volcán e a cultura tradicional. Para axudar a preservar a integridade da cultura como turismo activo, só os locais están autorizados a actuar como guías. Hai moitos aloxamentos dispoñibles na illa. Hai un aeroporto en White Grass, na costa occidental.

Historia

editar
 
Un banquete caníbal en Tanna, c. 1885-9

A illa foi habitada desde o 400 a.C polos melanesios das illas próximas. En agosto de 1774, a luz brillante do volcán Yasur atraeu ao Capitán Cook, o primeiro europeo en visitar a illa en agosto de 1774. Fundou Port Resolution, (como a súa nave HMS Resolution) unha aldea na punta leste da illa. Deulle o nome de Tana, que en Lingua kuamera significa "Terra". No século XIX chegaron moitos misioneiros presbiterianos e comerciantes, pero os taneses pegados ás súas tradicións máis fortemente que outras illas, teñen un menor número de cristiáns, en comparación coas outras illas de Vanuatu. A illa fíxose famosa en Europa como un lugar de canibalismo e de risco para os misioneiros.[2] Non foi un destino principal da segunda guerra mundial, pero preto de 1.000 persoas foron recrutadas para traballar na base militar estadounidense de Efaté. Esa primeira exposición aos estándares de vida do primeiro mundo xerou o desenvolvemento de seita de cargamento (en inglés cargo cult). Moitos desapareceron, pero a seita John Frum segue forte en Tanna a día de hoxe, sobre todo en Sulphur Bay (Baía de xofre) no sueste e o Green Point, no suroeste da illa.

Nos anos setenta comezou un movemento separatista e o 24 de marzo de 1974 proclamouse a Nación de Tanna. Mentres os británicos foron máis abertos a estas demandas, os colonos franceses opuxéronse. Finalmente as autoridades do Condominio Anglo-Francés reprimíronos o 29 de xuño de 1974.

En 1980 houbo outro intento de secesión, que declarou a Nación Tafea o 1 de xaneiro de 1980. As forzas británicas reprimíronos o 26 de maio de 1980, e o 30 de xullo de 1980 obrigáronos a formar parte da nación de Vanuatu, recentemente independizada do Reino Unido.

 
Bandeira de Tanna.

Referencias culturais

editar

Cinco homes do movemento Prince Philip culto cargo de Tanna, que consideran ao príncipe Filipe, duque de Edimburgo un deus, foron levados ao Reino Unido como parte dun reality do Channel 4 Meet the Natives en 2007. Parte do seu itinerario incluíu unha reunión fóra da pantalla co príncipe.[3]

A esta illa foi unha familia, os Moreno Noguera, do concurso español Perdidos na tribo co fin de estar un mes cos Nakulamené, para vivir con eles aprendendo os seus costumes, o seu xeito de vivir e para ser aceptados por eles.

Kava ou kava-kava

editar

A diario, os Nakulamene, fan un rito chamado o "kava" no que só os homes participan e as mulleres da tribo non deben saber nada diso. Trátase de mastigar a raíz dunha planta chamada "Kava" ou "kava-kava"(o de mastigala adoitan deixalo aos seus fillos). Logo de mastigala para sacarlle o mollo, cóspeno nunha cunca feita con coco e mestúrano con auga. Seguido, os adultos bébense o preparado e entran nun estado de transo onde, segundo eles, ven aos seus devanceiros e aos espíritos e comunícanse con eles.

Durante este rito diario, tamén comen e bailan.

  1. Lissant Bolton. Tree and the Canoe: History and ethnogeography of Tanna, The Oceania, Dec 1996
  2. Biography of John Gibson Paton at Christian Biography Resources
  3. Strange island: Pacific tribesmen come to study Britain Arquivado 14 de novembro de 2007 en Wayback Machine., The Independent, 6 de outubro de 2007

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar