Stipe Pletikosa
Stipe Pletikosa, nado en Split o 8 de xaneiro de 1979, é un exfutbolista profesional croata que xogaba de gardameta. Foi internacional coa selección de Croacia.
Traxectoria
editarClub
editarPletikosa comezou a súa etapa profesional no Hajduk Split croata, e foi traspasado en 2003, xunto ó seu compañeiro Darijo Srna, ó Shakhtar Donetsk por 2 millóns de euros. Pletikosa non tivo moito éxito no Shakhtar, e foi cedido ó Hajduk Split en 2005.
O 7 de marzo de 2007, Pletikosa fichou polo Spartak de Moscova a cambio de 3 millóns de euros, e asinou un contrato de tres anos co club ruso. Durante a súa etapa no Spartak, foi cedido ó Tottenham Hotspur na tempada 2010-11, onde tan só participou nun partido da Football League Cup.
O 6 de agosto de 2011, asinou un contrato de dous anos co FC Rostov ruso.[1]
Deportivo
editarO 2 de marzo de 2016 produciuse o seu debut co Deportivo da Coruña na Liga española, nunha derrota a domicilio fronte o Athletic Club (4–1).[2]
Palmarés
editarClub
editar- Hajduk Split
- Liga croata (1): 2000–01
- Copa croata (2): 1999–00, 2002–03
- Shakhtar Donetsk
- Liga ucraína (1): 2004–05
- Copa ucraína (1): 2003–04
- Supercopa ucraína (1): 2005
- FC Rostov
- Copa rusa (1): 2013–14
Individual
editar- Premio Heart of Hajduk: 2000, 2002
- Xogador do Ano da liga croata: 2001, 2002
- Futbolista croata do ano: 2002
Notas
editar- ↑ "Pletikosa joins Rostov". FIFA.com. 6 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Pletikosa debuta en la Liga con 37 años y se lleva cuatro goles". La Opinión de A Coruña. 2 de marzo de 2016. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil de Pletikosa en FIFA.com Arquivado 13 de setembro de 2014 en Wayback Machine.