Raúl I de Vermandois
Raúl I de Vermandois[1], chamado Raúl I o Valente, ou Raúl I o Chosco, tamén coñecido co nome de Raúl de Crépy, nado ao redor de 1094 e finado o 13 de outubro de 1152, foi conde de Vermandois, de Amiens e de Valois de 1102 a 1152.
Nome orixinal | (fr) Raoul Ier de Vermandois |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1085 |
Morte | 14 de outubro de 1152 (66/67 anos) |
Rexente Reino de Francia | |
1147 – 1149 ← Lois VII de Francia Xunto con: Suger de Saint-Denis | |
Sénéchal de France (en) | |
novembro de 1131 – 1151 | |
Count of Amiens (en) | |
1102 – 1152 | |
Count of Valois (en) | |
1102 – 1152 | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Count of Vermandois (en) |
Familia | Dinastía dos Capetos |
Cónxuxe | Petronila de Aquitania (1142–1152) Leonor de Blois (1120–1141) |
Fillos | Isabel de Vermandois () Petronila de Aquitania Raúl II de Vermandois () Petronila de Aquitania Leonor de Vermandois () Petronila de Aquitania |
Pais | Hugo de Vermandois e Adelaide de Vermandois |
Irmáns | Margaret of Clermont Isabel de Vermandois, Condessa de Leicester |
Cronoloxía | |
1130 | matar (Coucy) |
1129 | traumatismo físico (Livry-Gargan (pt) ) |
Traxectoria
editarFillo de Adelaida de Vermandois e Hugo I o Grande, fillo do rei Henrique I de Francia, era o primo irmán do rei Lois VI de Francia. Deu o seu apoio a estes últimos contra os baróns refractarios á autoridade real.
Tendo perdido un ollo no transcurso da captura do castelo de Livry en 1129, ao ano seguinte, no asedio de Coucy, feriu mortalmente a Tomé de Marle, señor de Coucy, que matara había moito tempo ao seu irmán Henrique (1091 -1130), señor de Chaumont-en-Vexin. En novembro de 1131, o rei Lois VI nomeouno senescal.[2]
Pouco despois da morte de Lois VI en 1137, sostivo[3] temporalmente a causa da Raíña Nai Adelaida de Savoia, que temía que o seu dote fose usado ao servizo do Estado polo seu fillo Lois VII axudado polo abade Suger.
Fiel á Coroa de Francia, Lois VII propúxolle á irmá da súa muller (Leonor de Aquitania) chamada Petronila de Aquitania (sobre 1125 - 1151 ) para casar con ela, Raúl repudiou en 1142 á súa primeira esposa Leonor de Blois. A muller abandonada queixouse entón ao seu irmán Teobaldo IV, conde de Blois e Champaña, que á súa vez se rebelou contra o rei de Francia. O papa Inocencio II interveu anulando este matrimonio e excomungando aos novos cónxuxes así como aos bispos que consentiron a bendiciron a súa unión. Porén o papa Uxío III que sucedeu a Inocencio II, lexitimou[4] este segundo matrimonio no concilio celebrado en Reims en 1148.
Durante a ausencia de Lois VII (que marchara á segunda cruzada), en 1145, Raúl permaneceu en Francia como rexente do reino xunto a Suger. Despois do regreso de Lois, Raúl, que quedara viúvo de Petronila, a súa segunda muller, casou de novo en 1152 coa Laureta de Alsacia (sobre 1125 - 1151), filla de Teodorico de Alsacia, conde de Flandres.
Matrimonios e descendencia
editar1) Cara a 1120, casou en primeiras nupcias con Leonor de Blois, filla de Estevo II de Blois e Adela de Inglaterra, da que se separou sobre 1141 por mor da consanguinidade. Algunhas xenealoxías[5] atribúen a esta unión un fillo, Hugo II de Vermandois, que se tería feito monxe baixo o nome de Félix de Valois, pero esta afirmación parece ser unha broma do século XVI.
2) En 1142, casou con Petronila de Aquitania, filla de Guillerme X de Aquitania e irmá de Leonor de Aquitania, coa que tivo a:
- Isabel de Vermandois (1143-1183), condesa de Vermandois e Valois, casada con Filipe de Alsacia, conde de Flandres.
- Raúl II (1145-1167), conde de Vermandois e Valois.
- Leonora de Vermandois (1148/1149 - 1213).
En 1152 casou con Laureta de Lorena, unha efémera unión da que non tivo fillos.
Notas
editar- ↑ Raúl o Valente no sitio xenealóxico FMG
- ↑ "Lista de senescais de Francia no sitio web do Servizo histórico do Goberno francés". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 08 de decembro de 2019.
- ↑ Jean Flori, Aliénor d'Aquitaine, 2004, p. 56
- ↑ . Louis Duval-Arnould Les dernières années du comte lépreux Raoul de Vermandois (v. 1147-1167...) et la dévolution de ses provinces à Philippe d'Alsace, Biblioteca da escola das cartas, 1984, volume 142 p. 81
- ↑ Como genealogy.eu, de Miroslav Marek
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raúl I de Vermandois |