La Teixonera
La Teixonera é un barrio do distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, situado na parte alta da cidade. Delimita cos barrios de El Carmel, La Clota, La Vall d'Hebron e Sant Genís dels Agudells do distrito de Horta-Guinardó, así como cos de El Coll e Vallcarca i els Penitents do distrito de Gràcia.
Epónimo | Joaquim Taxonera i Cassà (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distrito | Horta, Barcelona | |||
Poboación | ||||
Poboación | 12.044 (2021) (35.423,53 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 0,34 km² | |||
Historia
editarO nome do barrio provén de Joaquim Taxonera i Cassà (Arenys de Mar, 1858 - Barcelona 1934), un fabricante de calzado, propietario das terras da antiga leira de Can Grau, que parcelou para a súa posterior urbanización, segundo un proxecto de 1902. O barrio formouse entre 1915 e 1930, sendo coñecido como Colònia Taxonera.
Ao longo do século XX La Teixonera, como El Carmel e outros barrios da zona, foi centro dunha intensa inmigración do resto do estado, padecendo unha certa carencia de servizos básicos que non foi emendada ata os anos 80-90.
O 5 de novembro de 2011 apareceu unha gran focha duns 20 m² por mor das continuas choivas en Barcelona, que obrigou aos bombeiros a desaloxar un edificio situado no número 4 da praza de Isop.[1]
Notas
editar- ↑ Xabier Barrena (05-11-2011). "Desaloxado un edificio de La Teixonera por unha focha na rúa". Consultado o 06-11-2011.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |