José Luis Sampedro
José Luis Sampedro Sáez, nado en Barcelona o 1 de febreiro de 1917 e finado en Madrid o 8 de abril de 2013[1][2], foi un escritor e economista de orixe catalá.
Traxectoria
editarCun ano de vida trasladouse canda a súa familia a Tánxer, onde viviu até os 13 anos. En 1936 é mobilizado polo exército republicano na Guerra Civil Española. Despois incorpórase ao chamado exército nacional. Pasa a guerra en Melilla, Cataluña, Guadalaxara e Huete, na provincia de Cuenca.
Tras obter unha praza de funcionario de aduanas en Santander trasládase a Madrid, onde en 1944 casa con Isabel Pellicer e realiza os seus estudos de Ciencias Económicas que finaliza en 1947 con Premio Extraordinario de Carreira. Comeza a traballar no Banco Exterior de España, ademais de dar clases na universidade. En 1955 convértese en catedrático de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid, posto que ocupará até 1969, compaxinándoo con diversos postos no Banco Exterior de España alcanzando o nivel de Subdirector Xeral.
Escribe daquela a obra de teatro "Un sitio para vivir". Publica "Realidad económica y análisis estructural" e mais "El futuro europeo de España".
Entre 1965 e 1966, ante as destitucións dos catedráticos na universidade española Aranguren e Tierno Galván, decide facerse profesor visitante nas universidades de Salford e Liverpool. Unido a eles, xunto con outros profesores, crean o Centro de Estudos e Investigacións (CEISA) que sería pechado polo goberno tres anos despois. En 1968 é designado "Ann Howard Shaw Lecturer" na universidade norteamericana "Bryn Mawr College". Á súa volta a España pide a excedencia na Universidade Complutense e publica "El caballo desnudo", unha sátira que lle permitirá desafogar as súas frustracións ante a situación do país.
Regresa ao Ministerio de Facenda como Asesor Económico da Dirección Xeral de Aduanas. Imparte cursos na Escola Diplomática, o Instituto de Estudos Fiscais e na Universidade Autónoma de Barcelona. Durante este período escribe "Conciencia del subdesarrollo" e "La inflación en versión completa".
En 1976 volve ao Banco Exterior de España como economista asesor. En 1977 é nomeado senador por designación real, nas primeiras Cortes democráticas, posto que ocupará até 1979. En paralelo á súa actividade profesional como economista, publica diversas novelas e tras a súa xubilación continua dedicado a escribir, conseguindo grandes éxitos con obras como "Octubre, octubre" ou a coñecida novela "Sonrisa etrusca". Os seus éxitos literarios coinciden coa tráxica noticia da morte da súa esposa Isabel en 1986.
En 1990 é nomeado membro da Real Academia Española onde a súa heterodoxo discurso de ingreso, "Desde la frontera" ten moito que ver co tema da súa obra "La vieja sirena", publicada ese mesmo ano, que é un canto á vida, ao amor e á tolerancia.
A finais dos 90 casou coa escritora, poetisa e tradutora Olga Lucas.
Brillantemente lúcido, xa case centenario, exerceu o seu humanismo crítico acerca da decadencia moral e social de Occidente, do neoliberalismo e as brutalidades do capitalismo salvaxe. Sampedro foi presidente honorario non executivo da empresa Sintratel, xunto con José Saramago.
Obras
editarNovela
editar- La estatua de Adolfo Espejo (1939)
- La sombra de los días (1947)
- Congreso en Estocolmo (1952)
- El río que nos lleva (1961)
- El caballo desnudo (1970)
- Octubre, octubre (1981)
- La sonrisa etrusca (1985)
- La vieja sirena, (1990)
- Real Sitio (1993)
- El amante lesbiano (2000)
- La senda del drago (2006)
Relato
editarEnsaio
editar- Principios prácticos de localización industrial, 1957.
- Realidad económica y análisis estructural, 1959.
- Las fuerzas económicas de nuestro tiempo, 1967.
- Conciencia del subdesarrollo, 1973.
- Inflación: una versión completa, 1976.
- Escribir es vivir, 2003
- El mercado y la globalización, 2003.
- Los mongoles en Bagdad, 2003.
- Sobre política, mercado y convivencia, 2006
- Economía humanista. Algo más que cifras, 2009
Obras colectivas
editar- La ciencia y la vida, 2008. Con Valentín Fuster.
Recoñecementos
editarEn abril de 2009 foi investido como Doutor Honoris Causa da Universidade de Sevilla. En 2010 o Consello de Ministros outorgoulle a Orde das Artes e as Letras de España. En 2011 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas. En 2012 foi nomeado Escritor Galego Universal pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Notas
editar- ↑ Muere el escritor y economista José Luis Sampedro, El País, 9/4/2013.
- ↑ Fallece José Luis Sampedro, escritor, humanista y economista Arquivado 11 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Luis Sampedro |