Gaspar Torrente
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2022.) |
Gaspar Torrente, nado en Campo (provincia de Huesca) en 1888 e finado en Barcelona en 1970, foi un político aragonés, líder do nacionalismo aragonés de comezos do século XX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1888 Campo, España |
Morte | 21 de marzo de 1970 (81 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Biografía
editarQuedou orfo de nai cando tiña un ano, pasou a infancia acompañando ao seu pai, xastre ambulante, ata que este faleceu en 1897. Marchou á casa dun irmán, que residía en Barcelona e encargouse unha familia catalá da súa educación.
Foi un dos dirixentes da Unión Aragonesista e escribiu no seu voceiro El Ebro en castelán e catalán, presidiu as súas mocidades entre 1920 e 1923. En 1928 trasladouse a Graus e alí fundou en xuño de 1930 El Ideal de Aragón e tentou dar pulo ao aragonesismo na zona coa constitución da Unión Regionalista de Graus en marzo de 1931, pero que tivo escaso éxito e a fins de 1931 volta a Barcelona, onde fundou e foi o presidente de Estado Aragonés, o primeiro partido político nacionalista aragonés, e en outubro de 1935 tirou á rúa a publicación Renacimiento Aragonés. Foi comisario da Generalitat en Oliana (provincia de Lleida) en 1938. Detido polas tropas franquistas en xaneiro de 1939. En 1940 conseguiu a liberdade.