Eiður Guðjohnsen

futbolista islandés

Eiður Smári Guðjohnsen, nado o 15 de setembro de 1978 en Reiquiavik, é un ex xogador de fútbol islandés. Foi o capitán e máximo goleador da Selección de Islandia. Adoitaba xogar en posicións ofensivas, e ademais da súa capacidade goleadora tamén conta con certa habilidade para xogar o balón. Está casado con Sveinn Aaron, e ten dous fillos, Daniel Tristan e Andri Lucas.

Modelo:BiografíaEiður Guðjohnsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Reiquiavik, Islandia Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaIslandia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1994 Valur 17(7)
1995–1997   PSV Eindhoven 13(3)
1997–1998 KR Reykjavík 6(0)
1998–1998 KR Reykjavík 6(0)
1998–2000 Bolton Wanderers F.C. 59(19)
2000–2006   Chelsea F.C. 186(54)
2006–2009   FC Barcelona 72(10)
2009–2010 AS Monaco FC 9(0)
2010–2010 cesión Tottenham Hotspur 11(1)
2010–2011 Stoke City F.C. 4(0)
2011–2011 cesión Fulham F.C. 10(0)
2011–2012 AEK Atenas FC 10(1)
2012–2013 Cercle Brugge KSV 13(6)
2013–2014 Club Brugge KV 46(7)
2014–2015 Bolton Wanderers F.C. 21(5)
2015–2015 Cangzhou Mighty Lions Football Club 14(1)
2016– Pune FC
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1992–1994   Islandia sub-17 27(6)
1994–1994   Islandia sub-21 9(2)
1994–1996   Islandia sub-19
1994–1998   Islandia sub-21 11(5)
1996–2016   Islandia 88(26)
Participou en
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosSveinn Aron Guðjohnsen, Andri Guðjohnsen, Daníel Tristan Guðjohnsen Editar o valor en Wikidata
PaiArnór Guðjohnsen Editar o valor en Wikidata

Twitter: Eidur22Official Instagram: eidurgudjohnsen FIFA: 169527 UEFA: 19878 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Con 15 anos recalou nun dos equipos da capital islandesa, o Valur, e posteriormente, no PSV Eindhoven holandés, compartindo equipo con Ronaldo. En 1996 debutou como internacional coa selección de Islandia contra a de Estonia substituíndo o seu propio pai, Arnór Guðjohnsen, feito inédito no fútbol profesional.

Posteriormente xogou no KR Reykjavík, e pouco despois aterrou na Premier League inglesa, concretamente no Bolton Wanderers, anotando 21 goles na tempada 1999/2000, o que lle deu a posibilidade de subir un chanzo máis e fichar polo Chelsea a cambio de 4 millóns de libras. Daquela, o adestrador do Chelsea era o italiano Gianluca Vialli, e o compañeiro de ataque do islandés era Hasselbaink, co que formou unha parella temible na tempada 2001-02, na que Guðjohnsen anotou 23 goles e Hasselbaink 27.

Roman Abramovich chegou ao club londiniense en 2003 e con el novos reforzos, como o romanés Adrian Mutu, o arxentino Hernán Crespo ou o marfilés Didier Drogba, quel le dificultaron un posto no once titular, polo que as zonas atacantes se foron repartindo, se ben coa marcha de Mutu en 2005 despexou algo o camiño a Guðjohnsen. Marcou o seu primeiro hat-trick como profesional contra o Blackburn Rovers en outubro de 2004.

Na madrugada do 13 ao 14 de xuño do 2006, mediante unha reunión en Barcelona do seu representante con Ferran Soriano, un directivo do FC Barcelona, e con representantes FIFA do Chelsea, chegouse mediante un acordo ao seu traspaso ao Barça, onde utiliza o dorsal número 7 vestido anteriormente por Henrik Larsson.

O 13 de outubro de 2007 converteuse no máximo goleador da Selección de Islandia nun partido valedoiro para a clasificación da Eurocopa 2008 fronte á Selección de Letonia, marcando os dous goles da súa selección, que malia todo rematou perdendo por 4-2.

Tralos ruxe-ruxes que colocaban a Guðjohnsen fóra do FC Barcelona, o novo adestrador, Pep Guardiola, confirmou que contaba con el para a tempada 2008/2009.

Club País Ano
Valur Reykjavík Islandia 1994
PSV Eindhoven Países Baixos 1994-1996
KR Reykjavík Islandia 1996-1998
Bolton Wanderers Inglaterra 1998-2000
Chelsea FC Inglaterra 2000-2006
FC Barcelona España 2006-2009

Títulos

editar

Campionatos nacionais

editar
Título Club País Ano
Copa Holandesa PSV Eindhoven Países Baixos 1996
Supercopa Holandesa PSV Eindhoven Países Baixos 1996
Community Shield Chelsea FC Inglaterra 2000
Carling Cup Chelsea FC Inglaterra 2005
Premier League Chelsea FC Inglaterra 2005
Community Shield Chelsea FC Inglaterra 2005
Premier League Chelsea FC Inglaterra 2006
Supercopa de España FC Barcelona España 2006
Liga FC Barcelona España 2009
Copa do Rei FC Barcelona España 2009

Campionatos internacionais

editar
Título Club Ano
Copa de Europa FC Barcelona 2009

Ligazóns externas

editar