Closer (sinxelo de NIN)
«Closer» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Nine Inch Nails | |||||
do álbum The Downward Spiral | |||||
Lanzamento | 30 de maio de 1994 | ||||
Formato | CD, 12", casete | ||||
Gravada | 1993 - 1994 | ||||
Xénero musical | rock industrial | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 6:13 (versión do álbum) 6:26 (versión do sinxelo) | ||||
Discográfica | Nothing/TVT/Interscope (EEUU) Nothing/Island (RU) | ||||
Produtor(es) | Flood e Trent Reznor | ||||
Escritor(es) | Trent Reznor | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Closer " (tamén coñecido coma Halo 9) é un sinxelo da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 30 de maio de 1994 e sacado do seu álbum The Downward Spiral. Moitas versións do sinxelo aparecen co título "Closer to God", un estraño exemplo na música dun sinxelo cun título distinto ao do tema da cara-A ("Closer to God" é tamén o título dunha versión alternativa de "Closer" que aparece no sinxelo).
A pesar da contundente mensaxe sexual e profana que aparece na súa letra, "Closer" converteuse no maior éxito de Nine Inch Nails ata ese momento, cementando o status de Reznor de superestrela do rock industrial's status as an industrial rock superstar, e sendo a canción máis coñecida do grupo na actualidade. Fortemente editadas versións da canción e do seu vídeo musical (dirixido por Mark Romanek) foron emitidas frecuentemente pola radio e pola MTV.
Interpretación ao vivo
editarDurante as xiras Self Destruct e Fragility, o baixista Danny Lohner e o guitarrista Robin Finck uníanse aos teclados con Reznor para tocar esta canción, realizando Reznor un extenso solo cos sintetizadores.
Hai vídeos da cancións ao vivo en And All that Could Have Been e Beside You in Time.
Nas xiras que seguiron á edición de With Teeth, Nine Inch Nails interpretou unha versión máis curta de "Closer" co solo de teclado realizado con guitarra e unha ruptura que incorporaba un anaco de "The Only Time", un tema de Pretty Hate Machine. Dúas interpretacións desta versión aparecen en Beside You in Time.
Listaxe de cancións
editar- "Closer to God" (remesturado por Trent Reznor, Sean Beavan, Brian Pollack) – 5:05
- "Closer (Precursor)" (remesturado por Coil, Danny Hyde) – 7:16
- "Closer (Deviation)" (remesturado por Jack Dangers, Craig Silvey) – 6:15
- "Heresy (Blind)" (remesturado por Dave Ogilvie, Anthony Valcic, Joe Bisara) – 5:32
- "Memorabilia" – 7:21
- "Closer (Internal)" (remesturado por Bill Kennedy, Scott Humphrey, John "Geetus" Aguto, Paul Decarli, Eric Claudiex) – 4:15
- "March of the Fuckheads" (remesturado por Adrian Sherwood) – 4:43
- "Closer (Further Away)" (remesturado por Kennedy, Humphrey, Aguto, Decarli, Claudiex) – 5:45
- "Closer" – 6:26
Versións de Closer
editar- "Closer" ten sido versionada por cantidade de artistas, incluídos Spiralmouth, MGMT, Blood on the Dance Floor, Richard Cheese and Lounge Against the Machine, Eric Gorfain, Maroon 5, Maxwell, The Asylum Street Spankers e Rosetta Stone.
- 30 Seconds to Mars usa mostras de "Closer" cando interpretan o tema "The Fantasy".
- "Weird Al" Yankovic fixo varios tributos á canción máis dunha vez: no tema "The Alternative Polka" do seu álbum Bad Hair Day, úsase un anaco da canción, na cal a palabra "fuck" é substituída por un efecto de son de debuxos animados; a canción "Germs" do seu traballo Running with Scissors inclúe varios temas de Nine Inch Nails.
- Asylum Street Spankers interpretan ocasionalmente unha versión bluegrass de "Closer".
- En 1995 o artista australiano Nine Inch Richards versionou a canción co título "Closer To Hogs". Cantada con acento sureño, combina as letras cargadas de sexualidade de Trent Reznor con sons de animais de curral. Realizouse un vídeo da parodia no Sydney Royal Easter Show.
- En 2008 Sy Smith interpretou a canción na súa Conflict Tour. En agosto de 2010 interpretaríaa novamente.