Blue Dragon (serie de anime)
Blue Dragon é un anime adaptado do videoxogo do mesmo nome, dirixido polo Yukihiro Matsushita e animado polos Estudios Pierrot.
O anime lanzouse ó ar o 7 de abril do 2007 (no Xapón) con diferentes actores de dobraxe no que o videoxogo. En Galiza, a serie de debuxos animados fixo a súa estrea na canle TVG o 17 de outubro do 2009.
Trama
editarA historia de Blue Dragon comeza moito tempo atrás, cando tivo lugar unha gran batalla entre a luz e a escuridade. Cada unha delas posuía gran poder, sobre todo a sombra. Con gran coraxe, os Sete Soldados da Luz derrotaron as forzas da escuridade e afastaron o seu poder para sempre. Pero agora o poder da sombra rexorde, combinando a súa forza co poder das máquinas. Blue Dragon baséase nun videoxogo co mesmo nome para Xbox 360. O protagonista desta grande historia é un mozo chamado Shu, que ten por sombra a un dragón azul, que repite os movementos que o rapaz realiza. Cheo de curiosidade por descubrir o significado deste dragón que o segue a todas partes, Shu emprende unha viaxe para atopar respostas ás súas preguntas. No camiño atoparase con outros que comparten a súa sombra particular, pero representando criaturas diferentes, como un tigre ou un morcego. Estas criaturas danlles poderes ós seus acompañantes, o cal espertará aínda máis a súa curiosidade e ganas por descubrir a orixe deste misterio.
Dobraxe
editarPersonaxe | Voces xaponesas | Voces galegas |
---|---|---|
Shu | Keiko Nemoto | Daniel Lema |
Zola | Romi Paku | Nora Abad |
Kluke | Erino Hazuki | Consuelo Díaz |
Jiro | Daisuke Namikawa | Oscar Fernández |
Marumaro | Sakiko Uran | Isabel Vallejo |
Bouquet | Saki Nakajima | Montserrat Davila |
Blue Dragon | Masaya Takatsuka | Luís Iglesia |
Nene | Shiro Saito | César Cambiero |
Logi | Kentarou Itou | Andrés Bellas |
Legolas | Ken'yū Horiuchi | |
Delphinium | Akiko Kimura | Carolina Vázquez |
Noi | Teresa Santamaría |